O Deportivo Abanca comeza esta tarde a Liga ante o Athlétic en Lezama
Publicado o 02/10/2020 13:45
Tras un gran cuarto posto e medio ano de pausa, volve á escena o Deportivo Abanca.
Un Deportivo novo, moi renovado, en que a nova internacional Peke, catorce goles na última Liga, asume galóns.
A nova aventura principia en Bilbao, onde as brancas e azuis deron unha das súas moitas badaladas.