CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca, campión da Copa Galicia

Publicado o 12/06/2019 17:27

Segunda Copa Galicia consecutiva para as herculinas, que onte golearon o Friol Lugo por 6 goles a 1 nunha final disputada en Ordes.

As xogadoras de Manu Sánchez mostraron a súa superioridade nos 90 minutos. Dous goles de Alba Merino puxeron por diante as herculinas antes do primeiro cuarto de hora. Ao descanso, o Deportivo xa gañaba por 4 goles a 0. Peke, Gaby, Tere Abelleira e Iris completaron o triunfo dun equipo que a próxima temporada xogará na máxima categoría. Lucía Pardo marcou o gol da honra para o Friol.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019