CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca afronta a súa estrea na Liga Iberdrola

Publicado o 05/09/2019 20:40

Expectación pola estrea do Deportivo Abanca na máxima categoría do fútbol feminino español. Será ás 12 do mediodía ante o Español. A

s xogadoras notaron o cambio de categoría. A pretemporada foi moito máis esixente fisicamente. Tamén o foron os rivais aos que se enfrontaron nos amigables. 

"Implicámonos moito na pretemporada, en prepararnos fisicamente, sobre todo, pero tamén mentalmente. Houbo un cambio, pero é que o ten que ver dunha categoría como segunda a outra como primeira", asegura a dianteira Nuria Rábano.

Cris, lateral dereita, di que "temos un ano ilusionante por diante. Estivemos durante tres temporadas loitando polo ascenso e conseguímolo. Queremos gozalo e brindarlle a permanencia á afección e ao club, que o deron todo por nós".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/09/2019