CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca, a 90 minutos do ascenso

Publicado o 13/05/2019 21:57

E o equipo feminino do Deportivo está a noventa minutos de ascender á máxima categoría tras derrotar en Abegondo por dous goles a cero o Femarguín canario. Ida da eliminatoria final.
Peke inaugurou o marcador ao comezo do encontro, con máis de mil cincocentos afeccionados no campo.

Á falta de dez minutos, a campioa de Europa, Nuria Rábano, lograba o segundo gol. Este domingo ao mediodía, partido definitivo en Arguineguín.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019