CRTVG

Buscar

O deportivismo recupera a ilusión e Riazor vaise encher coa visita do Sevilla

Publicado o 16/04/2018 21:36

Imaxe desta mañá. A resposta da afección do Deportivo antes do encontro de mañá co Sevilla. A cinco puntos da salvación está o equipo. O deportivismo recuperou o ánimo a falta de seis xornadas para o final.

E todo despois de que o Levante fora goleado polo Atlético.

O Levante xoga o xoves co Málaga. O Deportivo disponse a presionar o equipo levantino, que no paso polo Metropolitano atopouse cun Atlético acertado. Correa, Griezzman e Fernando Torres asinaron o triunfo local.Todo aquilo que faga o Levante ten a atención do deportivismo.

Din os veteranos que no fútbol vales o que vale o teu último partido. E abofé que parece moi certo. A derrota do Levante e a segunda vitoria consecutiva do Deportivo, en Bilbao, trocaron sensiblemente o ambiente na Coruña. Centos de persoas buscaban unha entrada esta mañá para o partido de mañá contra o Sevilla aproveitando que o club ofrece unha de balde a cada socio. 
 
A distancia aínda é longa: cinco puntos separan os coruñeses do Levante, pero o deportivismo volve crer. 
 
As contas só cadran a base de vitorias. Riazor non fallará para poñer o seu gran diante do Sevilla.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018