CRTVG

Buscar

O deporte na casa segue en auxe e continúan as clases en liña

Publicado o 05/06/2020 16:23

Moitos prefiren seguir facendo deporte na casa. Nas tendas de material deportivo segue crecendo a demanda de accesorios para o exercico na casa, e hai monitores que continúan coas clases en liña porque llelo piden. 

"Moita demanda de todo tipo de produtos relacionados co exercicio na casa".

E tamén os profesionais da educación deportiva están a notar algo. "No colexio estamos recibindo solicitudes de colexiados que sigan impartindo agora clases en liña".

Xa podemos facer deporte fóra da casa, pero moitos queren seguir facéndoo na casa. E aumenta a demanda de certos accesorios.  Produtos que se esgotan e desmostran a tendencia a non perder o costume adquirido no confinamento do deporte na casa. "Están tentando naturalizalo na súa rutina diaria por se hai que volver ao confinamento".

Pero os profesionais advirten de que hai que ter moito coidado. "Hai que dicirlle á poboación que ten que ter moi claro que hai que consultar con educadores deportivos colexiados porque hai moito intrusismo e non vale facer calquera cousa na casa. Hai que ter un control, un seguimento".

Contan nesta tenda que son as mulleres as que máis demandan produtos para o deporte doméstico.

 

 

Noticias web

05/06/2020