CRTVG

Buscar

O Dépor regresa á actividade con moitas caras novas e o único obxectivo de volver ao fútbol profesional

Publicado o 08/07/2021 14:18

E volveu á actividade o Deportivo con probas médicas en Riazor. Iniciando a pretemporada da Primeira Federación.

E faino, de momento, con nove fichaxes: o porteiro Mackay, os defensas Lapeña e Trigueros, os medios De Vicente, Calvavera, Aguirre, Camargo e o punta Quiles. Case todos, xogadores contrastados na categoría e cun obxectivo común: conseguir o ascenso que quedou pendente este ano.

"O ascenso require gañar todos os partidos posibles", dixo Rafa de Vicente.

Quiles: "Aínda que sexamos favoritos, imos ter que correr máis ca ninguén".

"É un orgullo axudar a devolver o Dépor ao fútbol profesional", asegurou Mackay.

Noticias web

08/07/2021