O Dépor pídelle ao CSD a inhabilitación de Javier Tebas como presidente da Liga
Publicado o 04/08/2020 22:32
O Deportivo abre outra fronte na súa batalla contra Javier Tebas. Pídelle ao Consello Superior de Deportes que o inhabilite e o aparte do seu cargo.
O Deportivo denuncia que a Liga actúa cunha conduta partidista con ánimo de beneficiar un club, o Fuenlabrada.
A Liga tamén ataca o Deportivo. Vidal desvelou a dureza da contestación da patronal á solicitude de aprazar o partido ao venres.
Vidal asegura que o club ten os futbolistas suficientes para xogar xa o partido. Ata a media tarde deste martes, os xogadores sometéronse ás probas da COVID. O presidente tamén mandou unha mensaxe á afección.