CRTVG

Buscar

O Dépor non xogará ante o Fuenlabrada se non se repite a xornada

Publicado o 22/07/2020 15:35

O Deportivo vai defender ante os comités deportivos e ante a xustiza ordinaria, se fose preciso, os seus dereitos. Onte Fernando Vidal conversou con Javier Tebas. As posicións son moi distantes, pero o Deportivo non vai ceder na súa estratexia. Entenden que a competición se adulterou e Deportivo, Numancia, Elxe e Raio saíron prexudicados. O Deportivo solicita a repetición íntegra da derradeira xornada, do contrario non van disputar ese encontro pendente ante o Fuenlabrada. A outra solución pasaría por que a próxima temporada, a liga de Segunda tivese 24 equipos.

 

 

Noticias web

22/07/2020