CRTVG

Buscar

O delegado do Goberno en Madrid: "Non había ningún elemento para prohibir o 8M"

Publicado o 10/06/2020 18:39

O delegado do Goberno en Madrid di que o 8 de marzo non había ningún elemento que xustificase a suspensión das marchas do Día da Muller. José Manuel Franco declarou ante a xuíza Carmen Rodríguez-Medel como imputado por un presunto delito de prevaricación. Dixo que nin a lei nin os expertos avalaban aquel día a prohibición dun dereito fundamental. Franco afirmou ademais que non está acreditado que ningún dos contaxios do 9 de marzo tivesen relación co acontecido 24 horas antes.

José Manuel Franco, delegado do Goberno en Madrid: "Non podo considerarme responsable do 8M porque naquel momento non había ningún elemento que me levase a prohibir o exercicio dun dereito fundamental. Fíxose o que naquel momento marcaba a lei e o que naquel momento nos dicían os expertos sanitarios".

Noticias web

10/06/2020