CRTVG

Buscar

O delegado do Goberno en Galicia reitera o compromiso coa antiga Alcoa

Publicado o 07/08/2019 19:47

O delegado do Goberno en Galicia mantivo esta tarde na Coruña unha xuntanza cos novos propietarios da antiga Alcoa. Javier Losada trasladoulles aos directivos do fondo Parter Capital o compromiso do Goberno español coa actividade industrial da factoría. Neste senso, lembrou que o Executivo xa ten redactado e á espera de ser aprobado o novo estatuto de consumidores electrointensivos. Tamén loou o proxecto de futuro dos novos propietarios.

Javier Losada, delegado do Goberno en Galicia: "Un proxecto que ten, ademais, un valor engadido, de continuidade e de elevar a capacidade que poida ter esta empresa que no sector do aluminio de cubrir moitas máis frontes do que é este momento a simple produción de aluminio primario".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2019