CRTVG

Buscar

O déficit de España baixa por primeira vez do 3% desde 2007

Publicado o 23/04/2019 21:37

O déficit de España baixa por primeira vez do 3% desde 2007. Segundo Eurostat, a oficina de estatística comunitaria, o noso país rematou 2018 cun 2,5% de desfase entre gastos e ingresos.

A cifra mellora os propios cálculos do Goberno, aínda que supera o obxectivo do 2,2% pactado polo anterior executivo con Bruxelas.

Con estes datos, todo apunta a que España abandonará este ano o procedemento por déficit excesivo ao que está sometida desde 2009, unha decisión que agora terá que confirmar a Comisión Europea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/04/2019