CRTVG

Buscar

O debate de investidura comeza o mediodía deste luns

Publicado o 21/07/2019 14:38

En menos de 24 horas comeza no Congreso  o pleno de investidura do candidato a presidente do Goberno, Pedro Sánchez.  O PSOE e Podemos intensifican as negociacións para chegar a un acordo antes da votación decisiva do próximo xoves, na que abonda que o candidato consiga máis votos a favor que en contra.

O pleno de investidura comezará mañá luns ás 12 do mediodía co discurso do candidato Pedro Sánchez. Trala súa intervención, sen límite de tempo, será a vez dos grupos parlamentarios, que subirán ao estrado por orde de maior a menor. A sesión reanudarase o martes 23 de xullo coas intervencións dos grupos que quedaran pendentes da xornada anterior. Ao rematar, producirase a primeira votación da investidura, na que Pedro Sanchez precisará obter o respaldo da maioría absoluta da Cámara, fixada en 176 deputados. Se non consegue a maioría necesaria, a votación repetirase 48 horas despois, o xoves 25 de xullo. Neste caso, abondaría que os votos a favor de Pedro Sánchez superasen os votos en contra. Sería posible cun acordo entre o PSOE e Unidas Podemos, cos votos favorables do PNV, Compromis e o PRC e coa abstención de ERC, Junts per Cat ou Bildu. Se Pedro Sánchez non o consegue, comezaría a conta atrás para a investidura. O luns 23 de setembro sería a data límite. Se non hai acordo, disolverianse as Cortes e convocaríanse novas eleccións para o domingo 10 de novembro
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/07/2019