CRTVG

Buscar

O de Baroña, un dos poucos castros a nivel do mar, é o mellor conservado de Galicia

Publicado o 06/08/2019 16:08

Asentamento de pescadores na Idade de Ferro, o castro de Baroña é o mellor conservado de Galicia. Habitado dende o século primeiro antes de Cristo, os seus moradores escolleron estratexicamente esta pequena península rochosa, separada da terra por un istmo de area.

É un dos poucos en Galicia que está a nivel do mar e tan preto del.

Antes de chegar á muralla principal, atopámonos coas dúas primeiras paredes paralelas: a defensa contra posibles ataques inimigos. Despois, un triplo rebordo de muros graduados dun metro de grosor rematado nunha porta de entrada, flanqueada por unha torre, o punto de control.

Dentro, as construcións case circulares, cun banco que rodea o perímetro das casas e sen portas nin ventás de entrada. Isto é moi común nos castros que foron pouco ou nada romanizados.

Pero a maxestuosidade do castro de Baroña non reside nos seus muros, nin nas súas construcións; A súa beleza reside no lugar que escolleron para criar a súa civilización: península rochosa perfectamente defendible por todos os seus flancos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019