CRTVG

Buscar

O Dakar vive a súa etapa máis dura

Publicado o 08/01/2020 21:39

No Dakar con máis participantes galegos, a competición tórnase cada vez máis dura. Tanto que os irmáns Burgo tiveron que abandonar, polo menos de momento.

Así resumía a xornada Diego Vallejo: "Día realmente duro, día de Dakar de verdade, vai haber moitas baixas. Atopei ao principio da especial a Eduardo, ía ben. Unha mágoa o dos irmáns Burgo, que tiveron que abandonar. Agora creo que se van reenganchar á carreira, pero con moito tempo perdido, unha mágoa por eles, pero dende aquí darlle ánimos a todo o equipo Galimplant e que sigan empurrando aí con Edu, que seguro que chega, e Calvar igual. Un saúdo a todos os galegos".

Noticias web

08/01/2020