CRTVG

Buscar

O CXPX priorizará os casos vencellados coa recuperación económica e os colectivos vulnerables

Publicado o 09/04/2020 21:18
O CXPX priorizará os casos vencellados coa recuperación económica e os colectivos vulnerables

O Consello Xeral do Poder Xudicial teme o colapso dos xulgados cando se levante o estado de alarma. Por iso prepara un plan de choque. Quere priorizar aqueles casos que teñen que ver coa recuperación económica ou cos colectivos máis vulnerables.

En total redactou un cento de medidas que agora deberá aprobar o ministerio de Xustiza. O modelo propón a posta en marcha de unidades especializadas. Aposta polos xuízos orais nos contenciosos inmobiliarios. Dá prioridade aos casos de violencia machista.


 

Noticias web

09/04/2020