CRTVG

Buscar

O CXPX pide poder opinar sobre a súa reforma

Publicado o 17/12/2020 19:54

O Consello Xeral do Poder Xudicial pide ser oído antes de que o Congreso aprobe a reforma que limitará as súas funcións. Nun escrito aprobado hoxe, o órgano de goberno dos xuíces reclama que tamén se recabe a opinión da Comisión de Venecia do Consello de Europa.

A reforma impulsada polo Goberno pretende que o Consello do Poder Xudicial non poida facer nomeamentos despois de que expire o seu mandato, tal e como fixo hoxe mesmo con outros catro altos cargos.

Noticias web

17/12/2020