CRTVG

Buscar

O CXPX non poderá desde este mércores aprobar nomeamentos se está en funcións

Publicado o 30/03/2021 10:14
O CXPX non poderá desde este mércores aprobar nomeamentos se está en funcións

A reforma legal que prohibe ao Consello Xeral do Poder Xudicial aprobar nomeamentos se está en funcións, situación en que se atopa desde decembro de 2018, entrará en vigor mañá mércores, segundo publica hoxe o Boletín Oficial do Estado.

O pleno do Senado aprobou o pasado día 24 esta reforma legal impulsada polo PSOE e Unidas Podemos despois de que tras máis de dous anos os dous grupos parlamentarios con máis representación parlamentaria, o socialista e o do PP, non pecharan un acordo para renovar o órgano de goberno dos xuíces, cuxos integrantes cumpriron nesa data o seu mandato de cinco anos.

O BOE publica a nova norma, de modificación da Lei orgánica do Poder Xudicial para o establecemento do réxime xurídico aplicable ao CXPX en funcións, e dispón que entrará en vigor este mércores. No seu preámbulo sinala que esta norma ten por obxecto establecer o réxime xurídico aplicable ao CXPX cando a composición do mesmo non se renove no prazo establecido pola Constitución abocando este órgano a continuar en funcións ata a súa renovación.