CRTVG

Buscar

O curso universitario empeza con catro novas titulacións e as taxas conxeladas

Publicado o 06/09/2019 21:26

O curso nas tres universidades galegas arranca luns. O sistema universitario galego oferta para este ano académico 11.340 prazas. Como novidade, este curso botan a andar catro novas titulacións. Enxeñaría de Datos e Creación Dixital, animación e Videoxogos no campus da Coruña, Xestión Dixital da Información no de Ferrol e o grao de Robótica no campus de Lugo.

Este curso as notas de corte incrementáronse con respecto ao pasado. As máis altas son para tres dobres graos, o de Matemáticas e Física o de Informática e Matemáticas e o de Comuninación Audiovisual e Xornalismo. Galicia é a sétima comunidade coas notas de corte máis elevadas.

O prazo para matricularse aínda non rematou. O derradeiro chamamento será o 10 de setembro. Os últimos datos dispoñibles apuntan que das máis de 160 titulacións que ofertan as tres universidades galegas, en 120 xa non quedan prazas.

As taxas para estudar na universidade seguirán conxeladas por noveno ano consecutivo. Na nosa comunidade, a matrícula dun curso custa, de media, pouco máis de 700 euros, mentres que no conxunto de España o prezo medio está nos mil euros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019