O curso dará comezo con 1.250 profesores de reforzo do Plan Recupera
Publicado o 27/08/2021 21:47

Os 1.250 profesores de reforzo do Plan Recupera da Xunta incorporaranse no mes de setembro aos centros educativos galegos.
De momento é a única cifra de docentes confirmada pola Consellería de Educación para afrontar as consecuencias da covid neste curso. Falta por saber se se contratará persoal a maiores.
O plan Recupera naceu co fin de reforzar os centros ante as necesidades que impuxo a pandemia, especialmente no alumnado máis vulnerable.