CRTVG

Buscar

O cupón da ONCE deixa 280.000 euros no Grove e 245.000 en Redondela

Publicado o 14/03/2019 15:53

Dous vendedores da ONCE repartiron máis de medio millón de euros entre os seus clientes do Grove e de Redondela. En total venderon 15 cupóns premiados con 35.000 euros cada un.

Diego Pérez leva ano e medio vendendo cupóns da ONCE na porta do mercado municipal do Grove e hoxe está tan contento como se o premio lle tocase a el. Vendeu oito boletos premiados no sorteo do martes con 35.000 euros cada un. En total repartiu 280.000 euros entre os seus clientes. Diego coñece polo menos a metade dos afortunados.

A sorte non quedou só no Grove. Outro vendedor repartiu 245.000 euros en Redondela ao despachar outros sete cupóns premiados con 35.000 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019