CRTVG

Buscar

O cumio do G7 en Biarritz obriga a pechar a fronteira hispano-francesa

Publicado o 23/08/2019 21:05

Os máximos mandatarios dos Estados Unidos, Canadá, Alemaña, Francia, Italia, o Reino Unido e o Xapón xuntanse esta fin de semana a 35 quilómetros da fronteira española. Emmanuel Macron invitou ao G7 a Biarritz xusto nunha das fin de semana con máis tráfico no paso fronteirizo. Turistas, comerciantes e transportistas padecen xa os efectos dos controis policiais. Desde primeira hora do sábado ata última do luns, a fronteira estará pechada. O mnistro do Interior pide evitar a zona.

Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior en funcións, aconsella que "se pode evitalo, non pasar por esa zona porque vai ser unha situación un pouco complexa"

3.000 policías e gardas civís e 4.000 ertzainas cooperan cos 13.000 xendarmes francesa para garantir a seguridade ante as mobilizacións do grupos antiglobalización. Preocupa a manifestación do sábado entre Irún e Hendaya e os actos de boicot convocados o domingo en todo o País Vasco Francés. Sobre o contido do cumio, as tensións do brexit ou da guerra comercial fan improbables grandes acordos. O presidente español, Pedro Sánchez está convidado á cea de gala do domingo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019