O cumio da Unión Europea segue pendente das reticencias dos países "frugais"
O primeiro ministro de Holanda, Mark Rutte, o xa coñecido como míster non en Bruxelas resistiuse durante toda a tarde a dar o seu brazo a torcer. Pero non só el, senón tamén os líderes políticos dos outros países denominados frugais: Austria, Dinamarca, Suecia e Finlandia.
O presidente do Consello Europeo, Charles Michel, presentaba esta mañá unha alternativa prometedora cunha finalidade: darlle unha resposta rápida e robusta á crise económica derivada do coronavuirus. Tanto el como Angela Merkel e os países do sur insisten en que hai que evitar unha ralentización económiica prolongada nun contexto internacional moi fráxil.
Nese plan alternativo mantíñanse os 750.000 millóns de euros do fondo de reconstrución, pero as transferencias directas aos países reduciríanse a 450.000 millóns (50.000 menos dos que estaban na folla de ruta previa) e o os empréstitos reeembolsables pasarían a ser de 300.000 millóns (50.000 máis do previsto). Ademais, impoñíanse maiores mecanismos de control, o que hoxe foi denominado "súpoer freo de emerxencia" en caso de que os países non cumporan co plan de recuperación que lle deben remitir a Bruxelas en busca do visto e prace.
Pero os países frugais non deixaron de cuestionar os 750.000 millóns do plan e as condicións do reparto. Púxoselles un caramelo engadido na boca: entre todos eles terían que pagar substancialemente menos aos orzamentos comunitarios ata o ano 2027. Aí as cifras varían en función do filtrado. Ainda así, non deixaron de amosar reticencias. España e Italia recoñecían que as negociacións seguían estancadas avanzada a tarde. Outras fontas falan de avances leviáns, pero prometedores. O desenlace segue a ser unha incógnita