CRTVG

Buscar

O Cumbre Vieja expulsa máis lava que nunca, pero mingua o seu poder destrutivo

Publicado o 26/10/2021 20:33

• A elevación do terreo e a emisión de gases avanza que a activiade volcánica non se vai deter a curto prazo

• Rexístrase o segundo terremoto máis potente no que vai erupción, de magnitude 4,8

O Cumbre Vieja está máis bravo que nunca. O cono principal aumentou de tamaño polas continuas roturas e a cantidade de lava expulsada bate récords desde que comezou a erupción. A terra móvese sen descanso. Os tremores son continuos, aínda que de baixa intensidade. Indican, segundo os vulcanólogos, que aínda hai moita actividade no subsolo.

Con todo, as coadas que emanan do volcán están sendo menos destrutivas. Vanse acomodando ás que xa pasaron, e corren cara ao mar, invadindo menos terreo. A que ameaza o barrio de La Laguna e o cemiterio de Las Manchas está practicamente estancada.

Este martes cúmprense 50 anos da erupción doutro volcán na Palma, o Teneguía, que moitos aínda lembran. Tivo a illa en alerta durante 24 días. Foi potente, pero moito menos daniño do que está sendo o Cumbre Vieja.

Noticias web

26/10/2021