CRTVG

Buscar

O culto á imaxe en redes sociais, un factor clave na aparición de trastornos alimenticios

Publicado o 01/09/2021 22:03

A adolescencia é, segundo os expertos, a etapa en que hai máis probabilidades de padecer bulimia ou anorexia. Son varios os factores de risco que propician a aparición destes trastornos alimentarios, pero un deles pode ser o culto excesivo que se lle rende á imaxe nas redes sociais.

Son imaxes moitas veces irreais ou pasadas por filtros que só pretenden conseguir aprobación e que en ocasións están na orixe da falta de autoestima e dos trastornos alimentarios.

Algúns países implementaron medidas para evitar publicidade enganosa ou a manipulación de imaxes sen advertencia previa. Os máis vulnerables son os adolescentes, que acceden ás redes cada vez máis pronto. Por iso, hai que estar alerta.

O traballo multidisciplinar de psicólogos e nutricionistas é clave na loita contra uns trastornos que teñen nas redes un novo caldo de cultivo 

Noticias web

01/09/2021