CRTVG

Buscar

O CTAG investirá dous millóns para a fabricación de baterías para os coches eléctricos

Publicado o 16/01/2019 17:38

Un dos sectores estratéxicos de Galicia, o do automóbil, segue consolidándose como referente no ámbito nacional a pesar da electrificación. Unha circunstancia para a que está preparado. Un sector que supón o 14 % do PIB galego e para o que traballan arredor de 20.000 persoas na comunidade, e está traballando arreo para adaptarse ás novas necesidades de transformación enerxética.

Exemplo disto é o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, que investirá 2 millóns nun laboratorio de baterías para dar resposta á demanda que se prevé ter nos vindeiros anos da man do vehículo eléctrico. O grupo PSA tamén apostou por Galicia para o lanzamento do próximo V20 eléctrico que está a ensamblarse na factoría de Vigo.

O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia investirá dous millóns de euros para a fabricación de baterías de litio co fin de adiantarse á demanda do sector, agora coas miras postas na electrificación. 

Os 118 provedores de compoñentes para a automoción galega traballan arreo na readaptación da man de empresas coma PSA, que presentará o primeiro vehículo eléctrico ensamblado por completo na factoría viguesa. Aínda que se prevé que o sector siga crecendo este ano, din que aínda teñen traballo por diante.

 

Noticias web

16/01/2019