CRTVG

Buscar

O CSIF esixe transparencia e diálogo polo cambio de réxime dos funcionarios

Publicado o 24/04/2020 19:40
O CSIF esixe transparencia e diálogo polo cambio de réxime dos funcionarios


Sorpresa entre os funcionarios despois de que o Goberno iniciara o seu traspaso ao réxime da Seguridade Social. O seu actual réxime de clases pasivas permítelles, por exemplo, retirarse aos 60 anos se teñen 35 cotizados, ou ter mellores prestacións na xubilación. Dende o sindicato de funcionarios CSIF lamentan que o cambio se introducira a través dun decreto, dentro dunha batería de medidas para paliar os efectos da COVID-19, e sen negociar antes con eles. Por iso piden transparencia. En España hai 650.000 pensionistas dentro do réxime de clases pasivas, 45.000 en Galicia.

Noticias web

24/04/2020