CRTVG

Buscar

O CSIC ve pouco probable o contaxio por contacto coa auga en praias e piscinas

Publicado o 07/05/2020 19:02

O CSIC considera que é "moi pouco probable" infectarse da COVID-19 por estar en contacto coa auga durante as actividades recreativas habituais nas piscinas ou praias.

O organismo insiste en que a principal vía de transmisión, mesmo na praia, nos ríos, nas piscinas ou nos lagos, son os esbirros, as toses e o contacto entre personas, polo que as recomendacións que se deben atender neses sitios son as mesmas que noutros lugares.

O CSIC elaborou un estudo sobre a transmisión do novo coronavirus en praias e piscinas, un informe en que participaron investigadores de seis centros científicos e que foi elaborado no marco dos protocolos de actuación que está a preparar o Goberno para a continuación do sector turístico

• Ríos, lagos e/ou pozas de auga doce e non tratada: a supervivencia do virus nestas augas si podería ser superior á que se produce en piscinas tratadas ou na auga salgada, polo que deberían extremarse as medidas de precaución para evitar aglomeracións.

• Auga do mar: non teñen aínda datos sobre a persistencia do novo virus en auga de mar, pero sinalaron que o efecto de  dilución e a presenza de sal son factores que van contribuír a unha diminución da carga viral e á súa inactivación.

Piscinas e 'spa': amplamente implantado o uso de desinfectantes para evitar a contaminación  microbiana das augas pola afluencia dos usuarios, a concentración residual do axente de desinfección presente na auga "debería ser suficiente para  inactivar o virus".

Balnearios ou instalacións de augas medicinais: os aerosoles xerados pola auga terían as mesmas características de desinfección que as augas de baño nesas instalacións, segundo os investigadores.

Saunas ou baños de vapor: cren que a supervivencia do virus é reducida, debido ás altas temperaturas da auga.

Unha vez comprobado que o contaxio do virus na auga non aumenta, incide moito o informe do CSIC en que tamén na praia ou na piscina, este verán, a responsabilidade é nosa.