CRTVG

Buscar

O CSIC publica unha guía para asegurar unha boa ventilación nas aulas

Publicado o 22/10/2020 13:58

O risco de contraer o coronavirus é maior en espazos interiores como, por exemplo, unha aula. Neles acumúlanse as partículas en suspensión. Son os chamados aerosois.

"Se estamos nun ambiente interior mal ventilado, acumúlanse e o resto de persoas que están na sala inhalan o que eu exhalei, e pódense contaxiar", explica María Cruz Minguillón, investigadora do CSIC

De aí a importancia da ventilación, tanto natural como mediante extractores ou purificadores do aire.

A guía, elaborada por investigadores do CSIC, indica como calcular a necesidade de ventilación dunha aula. Tendo en conta as concentracións de CO2 obtidas a través de sensores, así como o tamaño e o número de alumnos que hai nela. Tamén lembran a importancia da distancia interpersoal e o uso da máscara como medidas complementarias á ventilación, para minimizar o risco de contaxio.

Noticias web

22/10/2020