O CSD vería con bos ollos unha liga de 24 equipos
Publicado o 04/08/2020 16:22
Coas datas para o 'play-off' de ascenso confirmadas, a próxima semana, o fútbol queda pendente dun acordo para unha liga en segunda división de 24 equipos.
O Consello Superior de Deportes agarda un acordo entre Liga e Federación. No Consello Superior de Deportes entenden que se trata da solución que menos dano vai facer. O xoves reúnese a comisión delegada da Liga para analizar os inconvenientes e as vantaxes dunha competición con 24 contendentes.