CRTVG

Buscar

O CSD non aclara o futuro do deporte non profesional

Publicado o 19/08/2020 21:48

• O Burela e O Parrulo amosan as súas incertezas sobre o inicio da liga

Hoxe agardábase que o Consello Superior de Deportes fixase as datas e os protocolos que se van seguir para o inicio de todo o deporte non profesional, pero nin unha cousa nin a outra.

O único que acordou o CSD tras a reunión telemática foi a creación dunha plataforma de colaboración coas comunidades autónomas e as diversas federacións para coordinar o regreso aos adestramentos con normalidade, é dicir, que poidan adestrarse todos os xogadores xuntos e con contacto.

Ademais, o CSD comprométese a mellorar o protocolo. Un protocolo que os equipos aínda non teñen e estamos a finais de agosto.

Noticias web

19/08/2020