CRTVG

Buscar

O CSD acorda un protocolo de mínimos para as competicións non profesionais

Publicado o 10/09/2020 21:24
Retira a obriga de realizar PCRs e permítelle ás ás Autonomías flexibilizar os aforos nos recintos deportivos

O Protocolo do CSD saiu adiante por fin pero é un acordo de mínimos. Apenas regula, básicamente recomenda e pide que cada Federación deportiva elabore un protocolo propio de reforzo.

No tocante ás probas da Covid, o CSD xa non obriga a realizalas PCRs, que son máis caras. Recomenda testar ó comezo da pretemporda ou 72 horas antes do inicio da competicion e di que o tipo de proba e a frecuencia serán determinados por criterios sanitarios coas Comunidades Autónomas.

A maioría dos clubs xa fixeron os seus test. O balónmán feminino comeza xa a liga.

A presenza de público é vital para o deporte non profesional. O CSD segue recomendando ata 500 espectadores baixo teito e mil ó aire libre pero deixa en mans das Autonomías autorizar outros aforos. Pero que di o Consello Superior de Deportes se aparece un positivo nun equipo? Pois que debe ser comunicado ás autoridades e seguirse o protocolo xeral de Sanidade. Non concreta máis.
O que si indica o Consello Superior de Deportes é que cada Federación debe reservar datas para que se xoguen partidos pospostos e fixar criterios para resolver as ligas se se ten que suspender a competición.
 

Noticias web

10/09/2020