CRTVG

Buscar

O Cristo Redentor do Río de Xaneiro loce unha máscara para concienciar sobre o seu uso

Publicado o 04/05/2020 08:53

O maior símbolo turístico do Brasil, a estatua do Cristo Redentor situada no cerro de Corcovado no Río de Xaneiro, exhibiu unha máscara proxectada para concienciar a poboación da importancia do seu uso durante a pandemia.

Sobre a figura de pedra proxectouse tamén un corazón vermello cuberto con máscara para lembrar que usala salva vidas e axuda a frear os contaxios de coronavirus.

O estado de São Paulo é un dos máis afectados polo coronavirus no Brasil, onde o número de casos superou xa os cen mil e a cifra de mortos os sete mil.

Noticias web

04/05/2020