O Cristo da Boa Viaxe homenaxea ás vítimas da pandemia cun sudario feito con máscaras
Esta mañá foron moitos os devotos, os curiosos e tamén os medios que se achegaron ata a Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra para ver o Cristo da Boa Viaxe. O motivo, o orixinal sudario que portaba , que este ano está feito con máscaras cirúrxicas.
Alfonso Fernández; un dos voluntario da equipa que elaboraron o sudario, asegura que querían facer algo que simbolizase que Xesús segue aí para todos e ainda máis nunha pandemia na que hai moitas persoas que o están a pasar tan mal; as vítimas, os enfermos, as persoas que perderon os seus negocios. Toda esta espirar de dor na que Cristo quere facerse presente.
A idea semella que agradou aos pontevedreses. Din que é unha forma fermosa de homenaxear ás máis de 75.000 vítimas da pandemia que houbo no noso país pero tamén aos enfermos e aos sanitarios que loitaron en primeira liña contra o virus.
Hoxe o Cristo da Boa Viaxe estivo acompañado pola Virxe da Soidade para recrear o momento da crucifixión; unha imaxe que tamén ten unha carga simbólica moi importante xa que nos traslada a mensaxe de que ninguén está so nos momentos difíciles.