CRTVG

Buscar

O crime de Yurissa Altagracia, na Pobra do Caramiñal, chega ao TSXG

Publicado o 19/02/2019 14:38

En outubro do ano pasado un xurado popular declarou por unaniminade culpables de asasinato a Ventura e Melisa ao consideralos autores da morte de Yurissa Altagricia, a mulller dominicana que faleceu o 7 de xuño de 2015 a consecuencia da trintena de feridas causadas por un obxecto punzante.

A sentenza condenounos a 18 e 19 anos de cadea. Os datos dos seus teléfonos móbiles foron determinantes para condenalos xa que os investigadores sitúan a vítima e acusados no mesmo lugar á hora do crime.
Hoxe volveron sentar no banco dos acusados para asistir ao recurso de apelación contra a sentenza que os condenou.

As defensas coinciden en que as feridas mortais causounas unha única persoa e eles cúlpanse mutuamente. O avogado do home di que o acusado non estaba no lugar do crime e que era a muller a que tiña os teléfonos.
A defensa da acusada fala dun plan orquestrado en que ela se limitou a cumprir as ordes da que era entón a súa parella. As acusacións pola súa banda pediron que se desestimen os recursos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2019