CRTVG

Buscar

O crime da Pastoriza volve poñer de loito o país pola violencia machista

Publicado o 27/01/2020 16:00

O presidente da Xunta interrompeu este luns a súa visita á Cabana de Bergantiños para gardar un minuto de silencio en repulsa polo último crime machista acontecido en Galicia. Fíxooo fronte ao esteiro do río Anllóns, acompañado polas autoridades locais, veciños e un grupo de excursionistas da Asociación Íntegro. Como saben, o pasado sábado, no concello lugués da Pastoriza, un home de 83 anos matou a coiteladas a súa muller, de 79.

Do mesmo xeito se gardou un minuto de silencio ás portas do Parlamento de Galicia. Os deputados da cámara, co seu presidente, Miguel Santalices, á fronte, sumáronse aos demais empregados do Parlamento para condenar o asasinato de Manuela Iglesias Fernández.

E tamén en San Caetano, os empregados da Xunta pararon este mediodía en sinal de respeto pola que é a primeira vítima desta eiva no que vai de ano en Galicia. Manuel é a sexta muller que perde a vida a mans da súa parella ou ex parella nestas primeiras semanas do 2020. Encabezando a concentración estaban o vicepresidente do Goberno galego e varios conselleiros.

Noticias web

27/01/2020