O cribado masivo realizado en Vigo detecta 24 positivos, o 0,1 por cento
Publicado o 04/02/2021 11:05

O cribado poboacional masivo realizado en Vigo con test de antíxenos detectou 24 positivos tras recoller un total de 20.970 mostras, o que supón un 0,11 por cento.
Para realizar este cribado, o Sergas citou nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), acondicionadas para a ocasión, 34.252 persoas, das que se presentaron voluntariamente para someterse ao test o 61,2 por cento.
Este cribado poboacional, o máis ambicioso dos feitos ata a data na área de Vigo, realizouse entre o venres 29 de xaneiro e o martes 2 de febreiro.
Só unha de cada 875 persoas das que se presentaron deu positivo.
O Sergas quere, con este tipo de probas, atopar persoas infectadas co virus, pero sen síntomas, polo alto risco que supoñen para a saúde pública.