CRTVG

Buscar

O crecemento dos contaxios leva as restricións de mobilidade á cidade de Lugo

Publicado o 30/10/2020 15:07

En Lugo limítanse as entradas e saídas e tamén as reunións na capital, onde nos últimos días os contaxios subiron de xeito preocupante.

Lugo pasou de 134 a 204 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos sete días. Un dato preocupante que motivou as novas restricións para este concello. A prohibición das entradas e saídas e tamén das xuntanzas cos no conviventes colleu a moitos por sorpresa, pero, en xeral, foi ben acollida.

A capital é a única localidade da provincia luguesa onde se aplican estas medidas.

Noticias web

30/10/2020