CRTVG

Buscar

O covidauto da Coruña funciona dende hoxe no exterior do CHUAC

Publicado o 12/05/2020 13:47

Na parte posterior do edificio oeste do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña é onde agora se realizan as probas do covidauto para detectar posibles casos de coronavirus.

Marta Mosquera, supervisora do Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Laboral do CHUAC, explica que os médicos de primaria xa poden solicitar as probas PCR, de xeito que se van duplicar o número de probas.

Para someterse á proba é imprescindible ir en coche, estar citado e identificarse correctamente. Un sistema diagnóstico que conta con numerosas vantaxes.

Marta Mosquera explica que con este sistema hai unha menor exposición ao risco do paciente. Ven no vehículo, explica, non baixa, non está en contacto co hospital, e os traballadores tamén teñen menos risco. Ademais, afórrase no gasto de EPI.

E en canto á incidencia: "Pouca", di Mosquera. "Non temos a porcentaxe exacta, pero sitúase en menos do 20 por cento".

A nova localización está preto do laboratorio de microbioloxía do hospital, algo que tamén contribuirá, din, a unha maior rapidez diagnóstica. As probas realízanse de luns a domingo, de 9 da mañá a 9 da noite. Tamén se manteñen os tests nos domicilios para aquelas persoas que non poden desprazarse.

Noticias web

12/05/2020