Covelo é o municipio coas vivendas máis baratas de Galicia
Publicado o 27/08/2021 14:07
Estes dous últimos anos de pandemia atraeron a Covelo case 300 novos residentes. Esta localidade de Galicia pode campar ademais de ser onde é máis barato adquirir unha vivenda. O afastamento das cidades, a falta de industria, e a vellez dos inmobles poden ser as causas destes prezos reducidos e mesmo a crise da construción.
Os veciños e visitantes tamén coñecen os puntos fortes desta localidade da comarca da Paradanta, tranquila e centrada na natureza e no lecer e o turismo.
Covelo chegou a ter 13.000 habitantes na boa época das explotación gandeiras e 5.000 hai vinte anos, a recuperación demográfica ten a mesma ameaza que en todo o rural, a falta de servizos.