CRTVG

Buscar

O corvo estraga as plantacións da Terra Chá coma o xabaril

Publicado o 30/06/2020 20:40

De auténtica praga cualifican os gandeiros da Terra Chá as bandadas de corvos que están a atacar o millo na súa fase inicial. Netsa leira de Mos xa houbo que sementalo dúas veces e non se desbota ter que facelo unha terceira. Cada hectárea ten un custo duns mil euros polo que as perdas, que poden ser do 30%, comezan a ser preocupantes.

"Nestas leiras que reciben moita auga do río Miño todo o ano só se pode sementar o millo."

Os danos que causan os corvos non lles son de proveito. Arrincan as plantas para coller as sementes, pero non poden comelas porque levan praguicidas. As aves aniñaron no millo que quedou sen recoller o ano pasado polas inundacións e, coas temperaturas altas, viron favorecida a súa cría.

"Nesta leira que estamos perdeuse a primeira sementeira e tivemos que botar unha segunda, que tamén está sendo atacada. Nalgúns sitios ata teñen problemas coa terceira."

Utilizar aves de presa para cazalos ou figuras que as imiten para espantalos son dos poucos medios que hai para defender dos corvos os cultivos.

Noticias web

30/06/2020