CRTVG

Buscar

O Coruxo perde con polémica co Unionistas

Publicado o 22/11/2020 21:12

Os do Coruxo suplicábanlle ao liña e desesperábanse co árbitro. Decisivo para entender a derrota en Salamanca. Porque foi un partido igualado ata que alá polo minuto 41 Nespral aproveitou esta xogada e marcou para o Unionistas. O liña ergueu a bandeirola, indicando fóra de xogo, e o árbitro, en peor posición e para sorpresa de todos, corrixiuno e deulle validez. Por iso protestaban os galegos.

A partir de aí, o Unionistas gañou en confianza e ao Coruxo entráronlle as présas e os desaxustes. Deles tirou proveito o cadro local, que resolveu por medio de Aythami. 2-0. O Unionistas ponse a tres puntos do liderado e deixa o Coruxo en situación preocupante, de pechacancelas e sen ser quen de marcar en cinco xornadas.

Noticias web

22/11/2020