CRTVG

Buscar

O Coruxo, o Pontevedra e o Racing seguen en zona perigosa

Publicado o 16/04/2018 15:17

Un Celta B que sumou a quinta vitoria consecutiva tras imporse á Ponferradina en Barreiro con este gol de Dennis Eckert no treito final do encontro. Os de Rubén Albés sitúanse quintos na táboa. Cos mesmos 56 puntos o Rápido de Bouzas meteuse en postos de fase de ascenso tras levar o derbi vigués co Coruxo.

O partido estivo marcado polo penalti e expulsión de Campillo na primeira metade. Óscar Sielva marcou o 1-0 e Kaxe sentenciou dez minutos antes do final. A derrota deixa o Coruxo no posto de promoción de permanencia con só dous puntos sobre o Rácing e a Segoviana. 

Nesa loita pola permanencia o Pontevedra desaproveitou a ocasión de dar un paso importante para a salvación. Empatou a un en Pasarón ante o Guijuelo, rival directo, e queda cun punto por riba do 'play- out'. Goldar adiantou os granates e Jonathan Martín igualou de penalti. 

E nun partido para esquecer, o Racing de Ferrol caeu goleado 4-0 en Fuenlabrada e continúa en descenso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018