CRTVG

Buscar

Coruxo F. C. 0 - 0 As Rozas C. F.

Publicado o 16/11/2019 19:48

O Coruxo golpeou contra un muro chamado Yelco. O porteiro do As Rozas encargouse, el só, de evitar unha vitoria que mereceu o equipo de Míchel Alonso. A vítima principal de Yelco foi Diego Silva, ao que foi capaz de frear en tres ocasións moi claras, duas delas no primeiro tempo.

O segundo tempo viuse afectado polos problemas de iluminación do Vao, que provocaron dúas interrupcións de 16 e 3 minutos. Á volta de cada un deles chegou outra ocasión clara, a terceira para un Diego Silva sen sorte e outra moi evidente na que o que non puido marcar foi Alex Ares.

O Coruxo, con só sete goles no que vai de liga, exhibiu os seus problemas realizadores. Eso si, xerou perigo e non era de estrañar o recoñecemento dos xogadores do As Rozas ao home decisivo, o seu porteiro Yelco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019