O Coruxo non pasa do empate nun partido de polémica e poucas ocasións
Publicado o 23/10/2021 20:12
Ao acabar o partido, Mateo, o capitán do Coruxo foi a polo árbitro. E é que nun partido tan pechado, cun rival obsesionado con defender ben, unha xogada como a do minuto 25 resulta trascendental. A man de Hugo Díaz non ofrece dúbifdas, está separada e curta a ocasión cun xesto pouco natural. O penalti semellaba claro, pero o árbitro non o viu así.
Foi a xogada clave dun encontro que apenas nos deixou dúas ocasións salientables, as dúas do Coruxo e as dúas de Silva. Mais o lobo de Tomiño non tiña o día. Silva fallou as dúas e deixou sen o triunfo a quen máis o buscou e merecera, o Coruxo.