CRTVG

Buscar

O Coruxo-Melilla xógase na nosa web e a través da G2

Publicado o 03/12/2019 20:00

Vai custar esquecer a primeira viaxe a Melilla que fixo o Coruxo. "Na memoria está o ferry, os avións, o non xogar alí polo vento. Esta semana esperemos que as cousas sexan doutra forma", lembra Antón de Vicente

Para empezar as condicións da viaxe melloraron, e moito. "Na teoría está que viaxamos no día nun voo directo e volvemos tras o remate do partido tamén nun voo directo. Por un día ímonos sentir profesionais", apunta o xogador vigués

Pois os "profesionais" do Coruxo afrontar un partido ante un rival directo, un Melilla que marca a zona de descenso. De Vicente destaca a importancia do choque: "Este de Melilla é fundamental polo menos non perder e se podemos gañar alí daríamos un paso clasificatorio importantísimo e ademais deixariamos moitos rivais por debaixo que sería extraordinario para o parón do Nadal".

O partido chégalle ademais nun bo momento ao Coruxo. Leva catro semanas sen perder e encadeou dúas vitorias seguidas nas dúas últimas xornadas. E o capitán do equipo vigués avisa: "O Coruxo vai dar guerra. Todos os partidos van ser moi disputados e a liga está moi igualada. Acadando tres vitorias consecutivas saes desa zona de perigo e méteste nunha zona media da clasificación que permite pensar noutras cousas"

Pois a través da nosa web e da segunda canle estaremos atentos a ver se o Coruxo consegue en Melilla esa vitoria que lle permita soñar
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019