CRTVG

Buscar

O Coruxo logra unha histórica clasificación para a Copa do Rei

Publicado o 07/11/2019 14:28

O grande éxito esta temporada da Copa Federación é premiar equipos con billetes para a Copa do Rei. E cara aí viaxa o Coruxo despois dun bo encontro en Salamanca que abriu cun golazo de Antón de Vicente. O empate foi un fatalismo para o porteiro Pablo Brea, ao non chapar un lanzamento de Amaro. Empate e o encontro vai á prórroga.

O Coruxo abre o tempo extra cunha xogada de tiraliñas. Impecable. Pase ao espazo libre e unha asistencia que culmina Mateo. Certo que esa ledicia durou moi pouco, apenas un par de minutos, pois o Salamanca empata e a eliminatoria vai aos penaltis.

E aquí falamos do protagonista desta historia. Poucas veces o mundo do fútbol adoita eloxiar os porteiros. Pois aí vai. ​Incrible. Pablo Brea. Tres penaltis parados. Este é o primeiro. O segundo é un paradón a man cambiada. O terceiro é o que mete o Coruxo nas semifinais da Copa Federación e na Copa do Rei. Estará nun bombo con 6 equipos da Primeira e 22 da Segunda. Xa ten garantidos algo máis de 200.000 euros.

Noticias web

07/11/2019