CRTVG

Buscar

O Coruxo gaña en Madrid e ponse a tres puntos da fase de ascenso

Publicado o 19/01/2020 14:22

Se fixésemos unha clasificación dos dous últimos meses, o Coruxo estaría na segunda posición. Cunha única derrota nos once últimos partidos o equipo de Míchel ponse a tres da fase de ascenso.
Nun campo de herba artificial, cun vento moi incómodo, o Coruxo soubo facerse forte en defensa e tirar proveito das poucas oportunidades que tivo no partido.

Mateo definiu con tranquilidade no minuto vinte do primeiro tempo. E cando só levabamos 24 segundos no recomezo, Youssef cazou un lanzamento dende fóra da área que puxo o cero a dous definitivo. O Coruxo funciona, e a vindeira semana derbi diante do Rácing de Ferrol.

Noticias web

19/01/2020