CRTVG

Buscar

O Coruxo gaña en Ferrol e ponse en postos de play off

Publicado o 26/01/2020 21:25

Dise que non derbis non importan a clasificación nin as dinámicas. Pois no Rácing - Coruxo si. Os vigueses van como motos e foron claramente superiores ao seu rival. Ben é certo que decidiu o partido unha xogada polémica. Un penalti discutible de Chema Leobalde sobre Mateo Míguez que viu a asistente. Añón non errou desde os 11 metros malia que o porteiro racinguista chegou a tocar o coiro.

O resto do partido foi case un monólogo do Coruxo. Antes do gol errou a porta baleira Mateo Míguez. Chema, o mellor dos departamentais, evitou máis goles con boas paradas.
Emilio Larraz tentouno todo, sen éxito. Entraron no descanso Pablo Rey e Juan Antonio por Alex López e Abalo. A 20 mintos do final foi expulsado Bruno Rivada por dobre cartón amarelo. Máis dífícil aínda para un Rácing que por ben pouco non rematou o partido con máis goles en contra. Co asubío final, a ledicia de Míchel Alonso, que gañou na súa casa, e leva o Coruxo ata posición de fase de ascenso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/01/2020