CRTVG

Buscar

O Coruxo empata co Melilla (1-1)

Publicado o 04/12/2019 19:37

O Coruxo levou un punto da súa visita ao Melilla e xa suma cinco xornadas sen perder. Adiantábanse os melilleses no minuto 11 por mediación de Ceberio, que remataba de cabeza sen oposición. Na segunda metade reaccionaba o Coruxo. Primeiro cun chute de Sylla que se espetaba no traveseiro e despois, a 6 minutos do final, cun penalti dubidoso sobre David Añón. O propio Añón encargábase de transformar. É o primeiro gol do coruñés esta temporada. O Coruxo mantense na zona media da táboa con 20 puntos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2019